Anabel Pereira Mata, a nosa nº 4

Veciña de Corneira, ten 30 anos. É diplomada en Relacións Laborais e Máster en Técnica Superior de Prevención de Riscos Laborais pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente traballa nunha asesoría de empresas no departamento de laboral.

É socia colaboradora dende o ano 2006 de Asemblea de Cooperación pola Paz e participou e participa en diversas organizacións sen fin de lucro.
Ante o panorama político actual e porque cree firmemente que a democracia fórmase dende abaixo e entre todas e todos decide dar un paso adiante como cidadá e como muller participando activamente para así producir un cambio positivo e real no noso concello.

anabel 2