Anabel Pereira Mata, a nosa nº 8

Anabel2

Veciña de Corneira, ten 34 anos. É diplomada en Relacións Laborais e Máster en Técnica Superior de Prevención de Riscos Laborais pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente traballa nun grupo empresarial galego con presencia nacional e internacional no departamento financieiro.

É socia colaboradora dende o ano 2006 de Asemblea de Cooperación pola Paz e participou e participa en diversas organizacións sen fin de lucro.
Ante o panorama político actual decide, máis que nunca, permanecer e participar activamente no proxecto político de Compromiso por Galicia A Baña como muller e cidadá comprometida con unha democracia plural, solidaria e xusta.