Declaracións de Anabel Pereira sobre mellorar a seguridade vial na AC-546

Anabel Pereira Mata, compañeira da agrupación de Compromiso por Galicia – A Baña, deixaba estas declaracións na súa páxina de Facebook, debido a nova publicada onte polo Correo galego e A voz de Galicia sobre a seguridade vial na estrada AC-546, a que atravesa a súa parroquia, Corneira. A asociación Nosa Terra de Corneira presentou un escrito no Concello no que instaba a que se limpara as inmediacións desa estrada á altura da igrexa, onde existe unha rotonda partida. A falta de visibilidade nesa intersección complica perigosamente os cruces de vehículos e sobre todo dos peatóns que necesitan atravesar esa estrada. O noso alcalde trasladoulle esta petición á delegada provincial da Xunta, para que se limpara esa zona.

A nosa compañeira vai máis alá, falando doutros accesos e incorporacións, e sobre que agora sexa o alcalde o que reclame unhas medidas que xa durante a construcción se pedían por parte da parroquia.

A ATENCIÓN DAS VECIÑAS E VECIÑOS DE CORNEIRA

Esta mañá leo a noticia que aquí vos colgo, onde o noso alcalde pide seguridade vial en Corneira, posto que a carretera nova presenta deficiencias, incorporacións difíciles e tramos enteiros sen posibilidade de adiantamento. Os poucos tramos de adiantamento témolo nós dende os Muíños ata o cruce para Igrexa máis ou menos, sendo bastante perigoso dado o número de entradas/incorporacións DEFICIENTES que temos. Eu o ler isto como veciña da parroquia de Corneira férveme a sangue e indígname esta noticia, cando a estrada leva feita dende aproximadamente o 2003 e no mitín do PP celebrado na nosa parroquia para as eleccións municipais do ano 2003 (se mal non recordo) no que eu estaba presente, o Sr. Alcalde dixo que as obras da carretera de Corneira estaban perfectamente executadas e que él estivera case a diario supervisandoas, pois ben…

Onde estaba o alcalde mentras as veciñas e os veciños se “pelexaban” co encargado da obra (que se non recordo mal chamábase Hipólito), na presa do Cubelo?

Onde estaba o alcalde cando deixaron todas as entradas con un abanico insuficiente o cal se subanaba cun par de tubos máis?

Onde estaba o alcalde cando fixeron unha incorporación rídicula para o monte da Lagoa? Incorporación que tardaron en asfaltar e no outono-inverno era un barrizal poñendo en grave perigo a seguridade dos veciños cando baixábamos cos tractores do monte. Fun, xunto con meu pai e miña irmá consciente dese perigo cando un día de inverno do 2003 baixamos en plancha polo camiño do monte vindo da Mina, feito do que unha veciña foi testigo dende o camiño da Agra da Arriba (nunca se me olvidará as suas mans na cabeza berrando o nome de meu pai).

Onde estaba o alcalde cando fixeron a incorporación cunha semirrotonda nos Muíños rídicula na cal tardaron ben tempo en poñer un quitamedos?

Onde estaba o alcalde para solicitar unha alternativa para cruzar para o campo e para a Igrexa? Non había a misma visibilidade no 2003 ca que hai agora no 2015?

Só fai falta seguir o camiño hacia Muxía e ver por exemplo as incorporacións e camiños que deixaron en Fontecada e os que se deixaron, por exemplo na parroquia de Corneira.

A MIN NON ME VALE ESTA NOTICIA, NON VOS OLVIDEDES DO PASADO, ISTO É MANIPULACIÓN.
ANÍMOVOS A OPINAR LIBREMENTE E A QUE DECIDAMOS NA NOSA PARROQUIA.