A xustiza dá un mes ao Concello da Baña para pagarlle aos traballadores e traballadoras as cantidades adebedadas e dar cumprimento á sentenza

Recibido un novo auto de execución coas cantidades concretas que deben cobrar os traballadores e traballadoras

En febreiro de 2017 a Central Sindical Independente e de Funcionarios “CSIF” informa que o Xulgado do Social nº 3 en sentenza 00107/2017 vén de fallar en contra do Concello da Baña e éste vese na obriga de abonar aos traballadores e traballadoras do Concello as cantidades que reclamaban así como as cantidades que se devenguen ata a data da sentenza incrementadas nun 10 %.

VER ARTIGO SOBRE ESTA SENTENZA

sentenza_concello_traballadoresNova publicada en “El Correo Gallego” en febreiro de 2017

Un litixio que dura máis de 9 anos

Os traballadores e traballadoras levaban máis de 8 anos reclamando que o Convenio Colectivo para o sector de oficinas e despachos provincial da Coruña resultase de aplicación para eles, e por fin o Xulgado do Social nº 3 falla a favor dos traballadores/as en febreiro de 2017.

Con data de 14 de xuño de 2019 emitiuse un auto de execución que inclúe o periodo comprendido ata a sentenza do conflito colectivo (febreiro de 2017), así mesmo manifesta que as cantidades adebedadas a partir da data da sentenza debe reclamalas de forma individual cada traballador ou traballadora.

Esa mesma resolución xudicial contiña un erro material xa que especificaba o nome de 5 traballadores ou traballadoras, omitindo o nome doutros 6 traballadores ou traballadoras que sí especifica o último auto (con data do pasado 21 de novembro).

Na seguinte ligazón pódese descargar o documento, evidentemente para respectar a privacidade dos traballadores/as non aparecen os nomes pero si as cantidades concretas que se lle adebedan..

DESCARGAR RESOLUCIÓN XUDICIAL

noticia_CSIF_Nova publicada en “El Correo Gallego” en xuño do presente ano.

O Concello da Baña adebeda aos seus traballadores e traballadoras, segundo esta última resolución, máis de 78.000 euros

O auto ordena ao Concello, como se pode comprobar no documento que se pode descargar máis arriba: para que no prazo dun mes dea cumprimento á sentenza e se lle require para que, en cumprimento do dereito dos traballadores/as incluídos dentro do ámbito de dito convenio a percibir as cantidades que se adebedan pola falta de aplicación do mesmo, correspondentes ás mensualidades anteriores á demanda, e que non estean prescritas, así como as que devenguen ata a data da sentenza incrementadas nun 10 %, de conformidade co disposto no artigo 29.3 do Estatuto do Traballador e polo tanto abone aos traballadores afectados as seguintes cantidades (as cantidades que se lle adebedan a cada traballador/a van dende os 3.728,58 euros máis xuros ata os 11.173,16 euros cos seus correspondentes xuros).

Dende CxG levamos tempo informando á veciñanza sobre esta problemática

Dende CxG A Baña levamos moito tempo informando sobre este problema a través da publicación de varios artigos (que poden ser consultados ao final desta páxina) e reclamando que o Concello da Baña colabore cos traballadores e traballadoras para que cobraran a totalidade das cantidades que por xustiza lles corresponde.

En xuño do presente ano entregamos unha instancia no rexistro municipal instando ao alcalde da Baña, o señor José Antonio Pereira, entre outros, a que execute o pago con celeridade das cantidades adebedadas aos seus traballadores e traballadoras e que se regularice a situación dos mesmos.

DESCARGAR SOLICITUDE ENTREGADA NO REXISTRO

Dende CxG seguimos demandando máis información e que se chegue a un acordo con todos os traballadores e traballadoras

Dende CxG queremos que a veciñanza estea debidamente informada dos pasos a seguir para dar cumprimento a devandita sentenza e que se chegue a un acordo con todos os traballadores e traballadoras en canto a prazos, formas de pago e cantidades (incluso ás posteriores á data da sentenza), tendo en conta que os propios traballadores/as levan máis de 9 anos reclamando algo que por xustiza lles corresponde.

Outros artigos publicados por CxG sobre esta problemática:

http://abana.compromiso.gal/notificado_auto_execucion_sentenza_antiguidade_concello_bana/
http://abana.compromiso.gal/o-concello-da-bana-por-sentenza-xudicial-vese-na-obriga-de-reconecer-e-pagar-a-antiguidade-dunha-parte-dos-traballadoresas-do-concello/
http://abana.compromiso.gal/cuestions-sobre-sentenza-persoal-laboral-concello/
http://abana.compromiso.gal/o-alcalde-da-bana-invita-a-marchar-do-concello-de-malas-maneiras-e-con-intimidacion-e-una-falta-total-de-educacion-e-respecto-a-avogada-dos-traballadores-e-traballadoras/
http://abana.compromiso.gal/o-concello-da-bana-non-presenta-a-sua-proposta-de-pago-para-o-persoal-laboral-e-non-pode-celebrarse-a-vista-oral/
http://abana.compromiso.gal/o-concello-da-bana-debera-comparecer-no-xulgado-o-vindeiro-4-de-outubro/
http://abana.compromiso.gal/celebrada-nova-vista-oral-para-o-cumprimento-da-sentenza-que-obriga-ao-concello-da-bana-a-pagar-a-antiguidade-aos-traballadoresas/

Novas publicadas

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/a-bana/2017/04/19/csif-gana-dos-pleitos-concello-bana-acusa-cardeso-obstaculizar-trabajo/0003_201704S19C6996.htm
https://www.adiantegalicia.es/medio-rural/2017/04/20/csif-desdice-al-alcalde-de-a-bana-y-denuncia-amenazas.html
https://www.adiantegalicia.es/medio-rural/2017/04/20/el-csif-se-mantiene-firme-garcia-cardeso-miente.html