A primeira noite de esmorga, un éxito!

En primeiro lugar temos que dar as grazas a todos e todas as que se pasaron o pasado venres pola Baña para pasar unha gran noite de esmorga. Grazas aos catro bares da Baña As cadeas, Fortuna, Muiño e Unión por colaborar connosco. Grazas a quen nos axudou desinteresadamente a organizar este evento. Grazas a Víctor Fabregas por facernos escachar da risa. E grazas tamén aos que nos acompañaron durante toda a noite poñendo a música, eses gaiteiros da Baña, porque sen eles non hai festa!

Xa estamos pensando na seguinte…