A nosa candidatura

Xa temos publicada a lista electoral na nosa web. Podes visitala premendo aquí http://abana.compromiso.gal/candidatura/

A nosa lista está formada por 15 persoas que senten A Baña como súa, implicados activamente en comisións de festas, asociacións de veciños/as e actividades culturais e deportivas, e que queren cambiar o modo de facer as cousas na Baña con máis transparencia e maior participación veciñal.

Podedes tamén ver as dos outros partidos que se presentan na Baña na seguinte ligazón. Nestas décimas eleccións municipais na Baña por primeira vez haberá 4 opcións políticas para escoller

http://bop.dicoruna.es/…/pub…/2015/04/22/2015_0000004610.pdf