A mostra fotográfica de Javier Iglesias Ramos continuará exposta ata o 13 de marzo.

Dado o éxito e a boa acollida da veciñanza a exposicion fotográfica A Baña, imaxes de onte, lembranzas de hoxe, de Javier Iglesias Ramos e organizada por Compromiso A Baña, continuará exposta ata o vindeiro luns 13 de marzo.

Coa colaboración de Lau Creaciones e dos bares Muíño, Estanco e Cadeas instalouse nestes establecementos a mostra fotográfica A Baña, imaxes de onte, lembranzas de hoxe, do noso veciño Javier Iglesias. Esta é un repaso ao seu traballo fotográfico na Baña durante os anos 1993, cando Javier empezou con este oficio, e o 2005, ano no que se foi a Irlanda.

javier

A exposición conta con máis de cen fotografías distribuídas en catro apartados: lembranzas da nosa xente, das nosas angueiras, das nosas festas e das nosas tabernas.

A inauguración, feita o pasado venres 3 de marzo, contou coas palabras do propio artista, do escritor Manuel Iglesias Turnes, e de membros da familia de Javier. E tamén nos acompañaron durante o roteiro gaiteiros da Baña. Agradecemos a súa asistencia, así como a de todas as persoas que acudiron ata a Baña para gozar desta fermosa exposición.

Fotos inauguración Foto inauguración 4 Fotos inauguración 2

Para aquelas persoas que queiran editouse unha revista con todas as fotografías da exposición. Para conseguila podes poñerte en contacto connosco ou con Javier Iglesias. E se hai algunha foto que forma parte desta mostra da que quedaras prendado, podes falar con Javier para obtela.