A Baña non recibirá subvención para dotar a biblioteca municipal de novidades editoriais en galego

O pasado luns 10 de abril publicáronse no DOG ás axudas concedidas a Concellos para dotar as bibliotecas municipais de novidades editoriais en galego, por exemplo concellos como o de Santa Comba recibirán 1.318,66 euros ou 2.636,37 euros que recibirá o Concello de Ames.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170410/AnuncioG0164-310317-0003_gl.html

O Concello da Baña non ten informatizada a xestión da súa biblioteca, polo tanto non cumpre os requisitos de participación.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170105/AnuncioG0164-271216-0004_gl.html

Lembramos que en outubro de 2015 xa se perdeu unha subvención para a biblioteca municipal por non ter os libros rexistrados no “PROXECTO MEIGA” (foi a única biblioteca de Galicia que se lle denegou a subvención por este motivo). No pleno de maio de 2016, Compromiso por Galicia, a través do seu concelleiro César Ramos, solicitou que se lle dera prioridade a informatizar a xestión da biblioteca para que non se perderan máis subvencións.

http://abana.compromiso.gal/cronica-do-sexto-pleno-ordinario-250516/  (PREGUNTA nº 17).

 

As nosas demandas non foron escoitadas e o Concello perde outra importante subvención.