A Baña leva máis de dous meses sen traballador ou traballadora social

No pleno ordinario de 30 de maio de 2018 o noso concelleiro César Ramos solicitaba, entre outros, que o cambio de traballador ou traballadora social se fixera con celeridade xa que era un posto de moita importancia nun concello coa poboación tan avellentada. Sorprendentemente, fomos o único grupo político interesado por este tema.

Ante a pasividade do goberno municipal respecto a este tema, no mes de xullo publicamos o seguinte artigo con todos os datos ao respecto:

http://abana.compromiso.gal/a-praza-de-traballo-social-do-concello-da-bana-segue-sen-cubrirse-mais-dun-mes-despois-da-renuncia-da-titular/

No pasado pleno ordinario do mes de xullo, o noso concelleiro, César Ramos, volveu facer alusión ao cambio de titular da praza ata en tres preguntas, criticamos a pasividade do goberno municipal e as propias bases da convocatoria, como podemos ver na seguinte ligazón á crónica de aquel pleno ordinario.

http://abana.compromiso.gal/cronica-do-pleno-ordinario-de-30-de-xullo-de-2018/

Nese mesmo pleno  o alcalde confirmou que nun periodo breve de tempo xa ía estar cuberta a tan importante praza de traballo social.

noticia_traballadora_socialNova publicada en El Correo Gallego o 20 de xullo

Hoxe, 21 de agosto, case un mes despois do pleno, a praza de traballo social do Concello da Baña segue sen estar cuberta, polo que fixemos entrega dunha nova instancia no rexistro municipal para que expliquen o motivo de tanta demora. O texto da instancia é o seguinte:

logo_sen_fondo

César Ramos Domínguez con DNI XXXXXXXX, en calidade de concelleiro de COMPROMISO POR GALICIA na actual corporación municipal.

 

EXPÓN

En Compromiso por Galicia queremos sempre traballar en beneficio da veciñanza e contribuír co noso traballo á mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas.

Unha das nosas funcións como grupo político con representación na corporación municipal é informar á alcaldía de problemas para veciñanza do Concello para buscar solucións o antes posible.

No pleno ordinario de maio solicitamos que o cambio de titular da praza de traballo social “se faga con celeridade e que non afecte ao normal desenvolvemento dos servizos sociais do Concello”, no pasado pleno ordinario de xullo fixemos alusión, de novo, a este cambio de traballador social e o alcalde comunicou que con brevidade (en cinco días unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes) sería seleccionada a nova traballadora ou traballador social.

Sabemos que nun Concello como o da Baña cunha poboación tan avellentada e con un alto porcentaxe da poboación dependente é necesario que os servizos sociais do Concello funcionen axeitadamente.

A día de hoxe observamos que nin na páxina web do Concello, nin no taboleiro de anuncios da propia Casa do Concello aparece nada sobre a persoa seleccionada polo que entendemos que o procedemento selectivo está demorando máis do que indicaba o señor alcalde en devandita sesión plenaria.

Por todo o mencionado e co debido respecto,

SOLICITA

Que se faga público un comunicado explicando o motivo polo que está a demorar tanto este procedemento selectivo de persoal e que o Concello seleccione con urxencia unha persoa para que o posto de traballador ou traballadora social estea cuberto canto antes.

 

A Baña, 21 de agosto  de 2018

JOSE ANDRÉS GARCÍA CARDESO ( ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE A BAÑA)